Oalcalde de Vigo, Abel Caballero, afirmou este xoves que as obras da bancada de Gol van “a velocidade de cruceiro”, polo que o Celta podería ter operativo todo o estadio municipal de Balaídos en febreiro de 2027.

“No verán do 2026 vai instalar a malla que vai soster a cuberta da bancada de Gol. A obra estará finalizada a finais dese ano e cremos que debe de estar operativa en febreiro de 2027”, explicou.

Nun audio remitido aos medios, o rexedor vigués detallou que esta nova bancada terá un aforo de 7.000 espectadores, co que Balaídos terá unha capacidade total de 30.000.

“A partir de aí, empezaremos inmediatamente a ampliar a bancada de Tribuna para ter os 43.000 que require o Mundial”, incidiu Caballero

O alcalde de Vigo ten claro que Balaídos cumpre “todos os requisitos” para se

See Full Page