A Fiscalía opúxose a que o Tribunal Constitucional suspenda de forma cautelar a orde de detención que pesa sobre o expresident catalán Carles Puigdemont e o eurodeputado e exconselleiro Antoni Comín.

O fiscal xefe, Pedro Crespo, rexeitou nun escrito a petición presentada pola defensa de Puigdemont para deixar sen efecto provisionalmente a orde acordada polo maxistrado do Tribunal Supremo Pablo Llarena.

A solicitude tiña como obxectivo que a medida quedase en suspenso mentres o Constitucional resolvía o recurso de amparo contra a decisión do alto tribunal de non aplicar a amnistía ao expresident.

O avogado Gonzalo Boye alegara que a orde de detención carece do respaldo dunha condena firme e que o lexislador expresou a vontade de extinguir a responsabilidade penal de Puigdemont mediante u

See Full Page