A Garda Civil detivo un home como presunto autor da morte da súa parella, unha moza atopada esta tarde sen vida nunha vivenda da localidade murciana de Librilla.
Segundo fontes próximas á investigación, o achado do cadáver produciuse sobre as tres desta tarde. Horas despois, os axentes detiveron o presunto autor, sen antecedentes de malos tratos.
De confirmárense a natureza machista deste crime, trataríase da vítima número 34 por violencia de xénero no que vai de ano e a 1.328 desde 2003.

G24

The Daily Beast
Raw Story
The Atlanta Journal-Constitution Things to do
The San Diego Union-Tribune Sports
Associated Press Top News