A cantante coruñesa María Xosé Silvar comezará 2026 cunha nova xira pola que pasará por diversos teatros e auditorios do país. Polo de agora xa confirmou a súa presenza en cinco cidades galegas , aínda que asegura que hai máis datas por confirmar.

Nadando na incerteza será o nome deste novo tour que arrancará na súa cidade o sábado 10 de xaneiro , cunha actuación no Teatro Colón . A partir de aí cada sábado dos seguintes terá concertos no Teatro Afundación de Vigo, o Auditorio Fuxan os Ventos de Lugo, o Auditorio Municipal de Narón e o Teatro Principal de Ourense.

As entradas estarán á venda a partir do próximo luns 17 de novembro na súa páxina web, ses.gal .

Unha nova etapa

Nadando na incerteza é o seu novo libro-disco que estará dispoñible a partir do 28 de novembro

See Full Page