Fai 50 anos da morte de Francisco Franco , designado "caudillo" o 1 de outubro de 1936, por acordo dos xenerais que se sublevaron contra a II República o 18 de xullo anterior, e xefe do Estado español desde a fin da Guerra Civil.

O ditador falecía nunha cama do Hospital da Paz de Madrid . Aínda que na acta oficial de defunción figuran as 5:25 da madrugada como hora da morte , a noticia saltou á prensa antes das cinco.

A axencia Europa Press difundiu, en primicia, a que cualifican como noticia máis importante da súa historia, e fíxoo cu n teletipo contundente: "Franco morreu, Franco morreu, Franco morreu ". Eran as 4:58 horas daquel xoves 20 de novembro de 1975.

Testemuños médicos sitúan o falecemento pouco despois das tres e media, incluso algúns unhas horas antes.

Era unha no

See Full Page