As autoridades sanitarias dos Estados Unidos anunciaron o falecemento dun paciente que fora infectado co virus H5N5, unha cepa da gripe aviaria rara, o que supón a primeira morte rexistrada dun ser humano por esta variante.

"Un residente do condado de Grays Harbor que recibía tratamento contra a gripe aviaria H5N5 faleceu hoxe", informou nun comunicado o Departamento de Sanidade do Estado de Washington (noroeste dos Estados Unidos).

Segundo as autoridades, o falecido foi a primeira persoa no mundo en contraer o virus H5N5, unha cepa que ata o de agora só fora detectada en animais.

O departamento describiuno como "un adulto maior con afeccións subxacentes" e subliñou que o risco para a poboación por esta enfermidade "segue sendo baixo" debido a que non hai evidencias de transmisión

See Full Page