O Palacio dos Deportes de Riazor vestiuse de gala para acoller un dos partidos con máis status do hóckey sobre patíns europeo. Tras tres semanas de descanso, a Champions regresou ao grande co duelo entre o Liceo e o Sporting Club de Portugal, o equipo máis laureado da competición europea na última década con tres títulos (2019, 2021 e 2024).
O Liceo gañaba por 2-0no inicio da segunta parte. Marcaron César Carballeira e Toni Pérez para os locais. Pero os portugueses non tiraron a toalla e empataron a tres minutos do final. É o primeiro empate dos de Juan Copa.
Tras o encontro ante o Sporting, o Liceo deberá afrontar o último do 2025. Será de novo en Riazor ante o Lleida , esta vez correspondente a unha nova xornada de OK Liga (domingo 14, 12:00h).

G24

CNN Politics
The Atlantic
AlterNet
Verywell Health
NBC News