O Deportivo Abanca impúxose no Teresa Herrera ao Spórting de Braga no partido que servía de presentación desta campaña 25-26 diante dos seus seareiros. O nome propio do encontro foi Paula Redruello "Redru" (2007) que marcou un golazo espectacular no segundo tempo para resolver o partido.
Antes do minuto cinco xa gañaba o equipo coruñés grazas a un remate de Marisa García. Foi moi superior o Deportivo Abanca que dominou o partido e cada vez que aceleraba era capaz de xerar perigo na porta do equipo portugués. O resultado mentres ía cunha diferenza mínima era incerto ata que chegou a xenalidade de Redru para poñer o definitivo 2-0 demostrando que as canteirás petan á porta do primeiro equipo con forza.