Alarma en Vilagarcía polo incendio na nave de productos químicos Impex Europa, instalada na parroquia de Rubiáns. Aínda que en principio os productos químicos almacenados non son tóxicos, aos veciños estaselle recomendando pechar as ventás e non saír da casa. Tamén se lles pide que non se acheguen a zona do incendio, xa acordoada, para facilitar os traballos de extinción. Recomendacións sobre saúde que a consellería de Sanidade publicaba na súa conta oficial da rede social X. Amáis, a nave está moi próxima a unha gasolineira.
Ás 19:25 minutos deste sábado, Emerxencias de Galicia 112 informaba que os medios seguen traballando para extinguir o incendio e que a nave xa colapsou.
Ao mediodía xa estaban desaloxadas unhas 22 vivendas, segundo informaba o 112.
Contra as 11 da maña deste sába