A vaga de calor non dá un respiro en boa parte de España.
Despois de case unha semana de temperaturas extremas, a calor foi este sábado sufocante en moitos puntos do país , con 13 comunidades en aviso amarelo ou laranxa.
As máximas roldaron os 40 graos e as mínimas apenas baixarán dos 26 ou 28 graos en moitos puntos de España. Este sábado oito comunidades autónomas estiveron en nivel de aviso laranxa: en zonas de Andalucía, Aragón, Castela e León, Castela A Mancha, Cataluña, Estremadura, Comunidade de Madrid e en Galicia parte da provincia de Ourense.
As illas Canarias tamén teñen aviso por calor. O nivel foi vermello en zonas de Gran Canaria con temperaturas de máis de 40 graos. Este domingo, a calor seguirá a apertar, un total de 44 provincias estarán novamente en aviso por altas te