A factoría de Rubiáns da empresa Impex, que comercializa o popular raticida Ratibrom, fora remodelada integramente este mesmo ano. Só durou uns meses, porque hoxe quedou practicamente calcinada. Desde que se declarou o incendio, sobre as once da mañá disparáronse as alertas por dous motivos: o material inflamable que había no seu interior, que provocou varias explosións, e a existencia dunha gasolineira a menos de 50 metros.

A posible formación dunha nube tóxica obrigou ao desaloxo de 22 vivendas, algunhas moi próximas ás lapas:

"En principio teñen aerosois e algún que outro pesticida e preocupábanos a exposición á nube tóxica", sinalaba en pleno operativo antincendios o seu responsable, David Padín.

" Chegou a policía, petou na porta e dixo; por favor, saíde, saíde. Eu o que fixen co

See Full Page