Opesadelo para os veciños da parroquia vilagarciá de Rubiáns continúa despois dunha noite na que escoitaron varias explosións e esta mañá un cheiro intenso podía ulirse nos arredores da nave de Impex O 112 Galicia confirmaba a mediodía que o lume segue activo. Hai pequenos focos de lapas, seguen ardendo restos de material almacenado e iso continúa a xerar bastante fume.
"A situación agora está controlada. O incendio está perimetrado, estamos intentando que se vaia mitigando a emanación de gases tóxicos na media do posible. En principio está todo garantido no referido á contaminación ambiental", é o diagnóstico de David Padín, sarxento-xefe do Consorcio de Bombeiros de Pontevedra.
A empresa Impex revive esta fin de semana o acontecido hai seis anos na zona con outro incendio semellante, d