A veciña provincia de León é nestes momentos a zona española máis afectada polos incendios forestais, con nove lumes activos. Os traballos de extinción dun dos incendios máis preocupantes na zona, o rexistrado nos montes de Yeres, obrigaron a cortar os accesos ao espazo natural das Médulas.

O fume obrigou a evacuar a 35 veciños. O outro lume de nivel dous en León afecta aos montes da localidade de Llamas de la Cabrera. A maior parte dos outros sete lumes activos en León afectan tamén ao Bierzo.

Situación "favorable" do incendio de Ávila, con reactivacións durante a noite

Máis positiva é a evolución do incendio que queimou máis de 500 hectáreas nas localidades de San Bartolomé de Pinares e das Navas do Marqués, en Ávila, onde os veciños evacuados xa puideron volver ás suas casas.

Nav

See Full Page