Semella que non haberá tranquilidade no Deportivo ata o final do mercado de verán. As actuacións de Yeremay Hernández seguen a espertar o interese de grandes equipos do fútbol europeo. No mes de xuño o canario rexeitou unha oferta moi importante do Como italiano, equipo da Serie A dirixido polo español Cesc Fábregas.

Agora é o Spórting de Portugal o que volve á carga polo mediapunta do Deportivo. Dicimos volve porque xa no pasado mes de xaneiro se interesara pola súa situación. O Spórting xogará Liga de Campións, foi o último campión da liga portuguesa e precisa reforzos. Quedou sen a súa gran estrela, Gyokeres, polo que o Arsenal pagou preto dos setenta millóns de euros.

Para substituílo acaba de mercar a Luis Suárez, do Almería, por unha cantidade superior aos vinte millóns de euros e

See Full Page