Desde este luns á mañá está activo un incendio forestal no concello de Verín , na parroquia de Mourazos , no que se solicitou elevar a situación 2 de emerxencia como medida preventiva pola proximidade do lume ao núcleo de poboación de Tamagos .

Para a súa extinción mobilizáronse, polo de agora, 1 técnico, 4 axentes, 3 brigadas, 2 motobombas, 1 pala, 3 helicópteros e 4 avións.

O maior incendio do verán en Galicia

Mentres tanto segue ardendo, aínda sen control, o incendio que se declarou o venres na parroquia de Requeixo , en Chandrexa de Queixa , e que xa calcinou máis de 1.600 hectáreas , segundo as últimas estimacións de Medio Rural, o que o converte no maior de todo o verán en Galicia.

Para a súa extinción mobilizáronse, ata o momento, 12 técnicos, 40 axentes, 66 brigad

See Full Page