Sete incendios mantéñense activos este mércores na provincia de Ourense, que suman máis de 67.500 hectáreas queimadas , despois de que os equipos de extinción lograsen estabilizar durante a noite o que afectaba a Vilardevós-Vilar de Cervos.

Permanece declarada a situación 2 a nivel provincial en Ourense, o que implica unha maior axilidade de medios e recursos da Comunidade autónoma e do resto de administracións para a provincia.

Segundo os datos divulgados pola Consellería do Medio Rural, o incendio de Larouco, o máis grande desde que hai rexistros en Galicia, mantense con máis de 20.000 hectáreas calcinadas cando se vai a cumprir unha semana do seu inicio, aínda que é esperable que a cifra cambie porque está "pendente de novas medicións".

Este lume saltou o río Sil por varios punto

See Full Page