As temperaturas están baixando pola entrada dunha masa de aire do Atlántico, pero a situación dos incendios forestais segue a ser crítica, con 21 focos graves na Península.

O risco continúa a ser moi alto ou extremo pola presenza de vento forte, segundo a Axencia Estatal de Meteoroloxía.

En España arderon xa 391.581 hectáreas en 230 incendios no que vai de ano, unha cifra moi superior ás rexistradas en 2024 (42.615 hectáreas), 2023 (91.220 hectáreas) e 2022 (306.555 hectáreas), ata agora considerado o peor ano da serie histórica.

Estremadura: Jarilla supera as 16.000 hectáreas

O incendio de Jarilla (Cáceres) leva nove días activo e xa queimou 16.000 hectáreas, con dous frentes abertos: un en dirección Salamanca e outro cara a Jerte e Tornavacas.

No operativo traballan medio milleiro d

See Full Page