Os axentes do Servizo de Protección da Natureza da comandancia da Garda Civil da Coruña detiveron unha muller como suposta autora de once delitos de incendio forestal, durante a investigación da denominada operación Fumeiro.

A operación comezou por mor dun incendio que se rexistrou o 10 de xullo na parroquia de Entrecruces, en Carballo. Ademais dese lume, na mesma zona declaráronse outros dez incendios os días 31 de xullo e 5, 7, 8, 9, 11, 16, 17, 18 e 19 de agosto.

Foron lumes de pouca entidade grazas á rápida intervención dos servizos de extinción, pero obrigaron a unha vixilancia permanente da zona, o que supuxo detraer efectivos doutros lugares en plena vaga de incendios en Galicia.

A Garda Civil logrou identificar a presunta autora deses incendios, que foi posta a disposición do Xu

See Full Page