A situación en Ourense mellorou e desactivouse a situación 2 -de risco para núcleos poboados- na provincia a pesar de dous focos aínda activos, mentres que empeorou en Lugo cun novo incendio na Fonsagrada, que se suma ao que avanza na Pobra do Brollón e eleva a catro os incendios activos en Galicia.
O último balance de Medio Rural, que inclúe os incendios con polo menos 20 hectáreas queimadas, recolle que a pasada madrugada declarouse un no municipio lucense da Fonsagrada. "É unha zona de monte raso". explica o alcalde Carlos López. quen sitúa o núcleo poboacional máis próximo Aguiar con dúas casas habitadas, pero que en principio no corren perigo.
O incendio, que comezou na parroquia de San Pedro de Río, calcinou arredor de 20 hectáreas, segundo as estimacións provisionais.
Este lu