Pobra de Brollón e Quiroga: 900 hectáreas
Mellora considerablemente a situación dos incendios na provincia de Lugo. A Xunta levantou o nivel dous de emerxencia no lume que segue activo na Pobra do Brollón e Quiroga, e que está estabilizado en máis do 90 por cento do perímetro.
Mantense a vixilancia sobre algúns focos no lugar de Covas, en Quiroga, que hai que seguir refrescando. Xa non hai lapas, pero o terreo segue fumeando e hai que evitar que o lume se reavive.
Segundo as últimas estimacións da Xunta, o incendio arrasou en dous días unhas 900 hectáreas. Di o presidente da Comunidade de Montes de Augasmestas que é case o 90 por cento do monte de Quiroga e da Pobra.
A Fonsagrada: 40 hectáreas
Tamén mellora a situación no outro incendio activo na provincia de Lugo, o da Fonsagrada, qu