En Ribeira, os efectivos despregados para apagar o incendio no arrastreiro Awadi non conseguen controlar o lume.
As lapas esténdense polo interior das cámaras do barco.
O concelleiro do Mar, Fernando Abraldes, di que o lume é imposible de controlar.
O enorme efectivo despregado na zona traballa sen descanso dende hai horas e o peor pode estar por chegar.
O barco está escorando a estribor, e témese que poida afundir. Se o barco fora ao fondo habería que activar un plan de emerxencia para evitar a contaminación na zona.
O traballo dos efectivos de extinción está sendo sumamente complicado. Moitas mangueiras estanse derretendo pola alta temperatura e o fume tóxico obriga a relevar o persoal cada pouco.
Na zona todos son conscientes de que o incendio pode alongarse durante moitas horas.