O Celta e o Deportivo non realizaron movementos neste último día de mercado. Agora non se pode tocar nada -agás xogadores que estén en paro- ata o mes de xaneiro cando volverán a aparecer días de incerteza e outra vez a lea das fichaxes. Claudio buscaba unha "guinda" para pechar o plantel pero non conseguiu ese mediapunta desexado ao non liberar ningunha das fichas. Tiña que vender ou rescindir a algún xogador -Cervi e Aidoo eran os máis probables- pero non se deu o caso.

No Deportivo, co movemento de Stoichkov por Bouldini de finais da semana pasada dábase por cerrado o capítulo de fichaxes, un mercado que deixou plenamente satisfeito ao seu adestrador.

Onde si houbo movementos ata o último intre foi na Primeira Federación. O Pontevedra asinou dous xogadores en ataque, Denia e Comparada

See Full Page