Opelotón da Volta a España prefire que a carreira se neutralice en caso de incidentes, cuestión que xa ocorreu dúas veces na presente edición nas etapas de Bilbao e Castro de Herville.
Unha decisión que tomaron os ciclistas tras consultar ao seu sindicato, o CPA, antes da saída da décimo séptima etapa entre O Barco de Valdeorras, en Ourense, e o Alto do Morredero , en León.
Nesta xornada, ás ameazas de neutralización polas protestas propalestinas uniuse a posibilidade de recortar a xornada polos fortes ventos que ameazan a cima leonesa do Morredero. Os ciclistas saben de onde saen, pero non onde van chegar, por iso prefiren facer a partir de agora unha consulta antes de tomar a saída.