Miles de persoas manifestáronse este domingo polas rúas de Santiago de Compostela para reclamar medidas co fin de evitar outra vaga de incendios como a rexistrada este verán en Galicia, que estivo entre as máis devastadoras das últimas décadas.

A manifestación estivo convocada pola plataforma asociativa Por un Monte Galego con Futuro ; plataforma que integrada por unhas sesenta organizacións, entre elas as ecoloxistas Adega e Greenpeace; o sindicato CIG e numerosas asociacións profesionais e entidades culturais. Na manifestación tamén participaron a líder do BNG, Ana Pontón, e a alcaldesa de Santiago de Compostela, Goretti Sanmartín.

Os organizadores recriminaron, no comunicado, a falta de medios para combater as lapas que queimaron este verán amplas zonas forestais e de matogueiras, es

See Full Page