Catro días despois, a Casa Branca compartiu unha fotografía na que por primeira vez posan xuntos Donald Trump e o rei Filipe VI. Coincidiron na Asemblea das Nacións Unidas, á que Filipe VI levaba nove anos sen asistir.

A imaxe foi tomada no "saúdo de cortesía" que tan só durou uns minutos. O mandatario estadounidense exercía de anfitrión nunha cea cos xefes de Estado e de Goberno desprazados a Nova York.

Na instantánea, Trump fai o xesto de aprobación co polgar cara arriba, acompañado á esquerda do rei Filipe e a dereita da súa muller, Melanie Trump.

See Full Page