Omaxistrado do Tribunal Supremo Leopoldo Puente confirmou a prisión provisional do exsecretario de Organización do PSOE Santos Cerdán que lle impuxo o pasado 30 de xuño polo caso Koldo, no que se investiga unha presunta trama de mordidas por adxudicacións de obra pública.

Nun auto, o instrutor do caso desestima o recurso presentado por Santos Cerdán contra a resolución que o maxistrado ditou o pasado 18 de setembro na que acordou que non había lugar a modificar a situación de prisión provisional, comunicada e sen fianza ao apreciar risco de destrución de probas.

See Full Page