A Comisión Europea anunciou hoxe que abriu un procedemento de infracción a España por non permitir que as aeroliñas "apliquen cargos adicionais polo transporte de ningún tipo de equipaxe de man" , o que o Executivo entende que contravén a normativa comunitaria.

Bruxelas sinala que a lexislación europea "garante a liberdade das aeroliñas para fixar os seus prezos" e engade que, en base a unha sentenza do Tribunal de Xustiza da Unión Europea, a equipaxe de man "debe de ser, en principio, gratuíta, sempre que cumpra uns requisitos razoables en canto a peso e dimensións e respecte as normas de seguridade aplicables" .

"A equipaxe de man que exceda eses requisitos razoables queda suxeita á liberdade de prezos das aeroliñas" , extremo que non aplica España, a que ademais sancionou

See Full Page