Opresidente do Goberno, Pedro Sánchez, asistirá o vindeiro luns en Exipto á sinatura do acordo para a fin da guerra en Gaza no que participarán tamén os Estados Unidos, os países árabes principais e algúns europeos, segundo informan a EFE fontes do executivo.
Sánchez foi convidado polo executivo exipcio, anfitrión deste acto que se vai celebrar na cidade de Sharm el-Sheij. En principio, vai coincidir co mandatario estadounidense, Donald Trump, xa que el mesmo confirmou a súa asistencia hai dous días.
O xoves pasado Sánchez celebrou o acordo entre Israel e Hamás sobre o plan de paz para Gaza e confiou en que "sexa o comezo dunha paz xusta e duradeira".
"Agora toca dialogar, asistir a poboación civil e mirar ao futuro. Con esperanza, pero tamén con xustiza e con memoria para