O Tribunal Supremo acordou requirir á Administración Xeral do Estado que nun prazo "improrrogable" de 15 días proceda a dar cumprimento do auto que ditou o pasado marzo no que lle ordenou garantir o acceso e permanencia no sistema de acollida a un milleiro de menores estranxeiros non acompañados solicitantes de asilo nas Canarias.

Os maxistrados pronunciáronse por mor dun escrito que presentou o Goberno das Canarias no que avisa de que se mantén "a situación de amontoamento de menores" nas instalacións da administración autonómica.

O tribunal contesta que "non lle falta razón á defensa autonómica cando pon de manifesto a transcendente demora que se aprecia".

Por iso, reclama que dea cumprimento en 15 días sen posibilidade "de escusa ou reparo".

See Full Page