O Ourense CF mantén o seu idilio coa Copa do Rei e clasificouse para a segunda rolda tras derrotar a todo un primeira división como é o Real Oviedo. Os ourensáns forzaron a prórroga sobre a bucina e remataron goleando ó equipo asturiano.

Os de Dani Llácer non comezaron mal o partido pero no primeiro achegamentos do Real Oviedo Hassan forzaría un penalti que transformaría o croata Brekalo. O gol encaixado semellou animar aínda máis os locais que se lanzaron na procura do empate. Este non chegaría ata o inicio da segunda metade, cando tras un erro na saída do ovetense Reina foi aproveitado polo capitán do Ourense CF, Jerín, para bater a Moldovan cun bo disparo desde a frontal da área. Pero o Oviedo golpeou poucos minutos despois cun gol de Luka Ilic tamén desde fóra da área. Restaba media

See Full Page