Opresidente do PP, Alberto Núñez Feijóo , publicou un novo vídeo en Tik Tok , no que fai " recomendacións para poder vivir" e chegar a fin de mes e non "para distraerse" , en referencia a outro vídeo que recentemente subiu a esta plataforma o presidente do Goberno, Pedro Sánchez, co fin de aconsellar lecturas de fin de semana.
Con aire desenfadado, Feijóo reaparece este domingo en Tik Tok para lamentar que o Goberno non baixase o IVE da carne, o peixe e as conservas , e para anunciar que o PP presentará no Congreso dos Deputados unha nova iniciativa que pedirá a rebaixa do IVE dos ovos.
"Hai recomendacións para distraerse, e están ben, pero permitídeme que hoxe as miñas sexan para poder vivir", di no vídeo no que critica que o Executivo non faga caso á proposición non de lei

G24

El Diario Montañes
La Crónica de Badajoz
ElDiario.es
OK Magazine
People Top Story
The Daily Beast
She Knows
America News
New York Post Media
Savannah Morning Sports