A Audiencia Nacional deixou en liberdade provisional o exconcelleiro de Marbella Carlos Fernández, implicado no caso Malaya e fuxido desde 2006, despois de entregarse voluntariamente no aeroporto de Madrid-Baraxas para poñerse a disposición do tribunal que o xulgará polo caso Saqueo II o 5 de novembro.
A sección terceira da Sala do Penal adoptou a decisión tras unha vista de medidas cautelares en que tanto o fiscal como a defensa solicitaron a súa posta en liberdade.
O tribunal lembra que solicitou a súa extradición á Arxentina tras a súa detención en 2017, mais a Corte Suprema arxentina denegou a entrega en decembro de 2022.
Pasados case tres anos, o pasado 10 de outubro o seu avogado informou a Audiencia Nacional de que o seu cliente viaxaría desde Bos Aires a Madrid para entregarse á

G24

La Voz de Galicia
Noticias de España
ElDiario.es Economía
LA RAZÓN Economía
ElDiario.es Politica
ALERTA El Diario de Cantabria
TMZ