O Xulgado de Instrución número 4 de Granada citou a declarar o próximo 30 de outubro a Juana Rivas como investigada por un presunto delito de subtracción de menores.
A decisión chega tras a denuncia do seu excompañeiro, o italiano Francesco Arcuri, que a acusa de impedir en xaneiro o regreso a Italia do fillo menor da parella, sobre o que el ten a custodia.
Arcuri declarará antes desta comparecencia. O italiano sostén que Rivas incumpriu a orde dun tribunal do seu país que, en febreiro, determinara que o menor debía volver ao domicilio paterno, onde reside desde agosto. A Audiencia de Granada admitiu en xullo o recurso de Arcuri contra o arquivo inicial da causa e ordenou continuar a investigación.
O conflito xurdiu cando o neno viaxou a España para pasar o Nadal coa familia materna e d