Oxuízo contra o fiscal xeral do Estado quedará listo para sentenza nas próximas horas. Desde as catro da tarde presentará o seu informe a defensa. Durante esta mañá, fixérono a fiscalía e as acusacións. Estas non deron credibilidade á versión coa que o fiscal xeral do Estado, Álvaro García Ortiz, defendeu a súa inocencia, nin á dos xornalistas que afirmaron que souberon antes que el do correo coa admisión de dous delitos da parella de Isabel Díaz Ayuso.

Tanto a acusación particular que exerce Alberto González Amador, parella da presidenta madrileña, coma os avogados de catro acusacións populares apuntaron directamente ao fiscal xeral como a persoa que filtrou o correo no que o avogado deste empresario recoñecía unha fraude a Facenda para chegar a un pacto.

O avogado de Alberto González A

See Full Page