Oex primeiro ministro israelí entre 2006 e 2009, Ehud Olmert, amósase convencido de que o único camiño para alcanzar a paz en Gaza é a creación dos dous Estados : o hebreo e o palestino.
O político, que tamén foi alcalde de Xerusalén, considera que esta solución "está máis preto" do que se pensa e asegura que vai continuar "loitando" para conseguilo porque o ve "posible".
Nun diálogo co activista palestino Samer Abdelrazzak Sinijlawi , no foro da Toxa Vínculo Atlántico, este avogou ademais por un cambio de liderado para alcanzar este fin.
Esa foi, precisamente, a principal premisa de Sinijlawi, quen estima imprescindible un troco de adaíl en ambos os dous lados para poder mudar a dinámica na rexión.
Do mesmo xeito, o activista palestino aposta pola "reconciliación" como