Israel e Hamás acariñan un acordo de paz e achéganse a dar o primeiro paso no plan debuxado polo presidente dos Estados Unidos : a liberación dos reféns a cambio do cesamento dos bombardeos sobre Gaza.

O grupo islamita manifestou a súa disposición a devolver todas as persoas , vivas e mortas, que están no seu poder e a negociar os detalles do resto da folla de ruta.

En resposta, o Goberno de Netanyahu asegurou estar a se preparar para poñer en funcionamento "inmediatamente" a primeira fase do acordo.

Luz verde

Hamás non deixou vencer o prazo que lle impuxo Donald Trump ata o domingo para dar unha resposta á súa proposta de paz e este mesmo venres aceptou liberar a todos os reféns israelís baixo as premisas do plan dos Estados Unidos.

O proxecto contempla un cesamento do

See Full Page